O calor abafante con que nos recibiu Bolonia fixo que a dormida fora corta cada noite, polo que as 9:30 da mañan xa estabamos en pé....un café deses instantaneos como almorzo e as dez da mañan fomos inaugurar a Praia. Medio Valdoviño xa estaba nela, queixandose, coma non, da flacidez das ondas en comparación coas nosas do Norte. Pero algo debia de ter o entorno porque pasado o primeiro susto da friaxe da auga, ata eu fun capaz de permanecer mais de 10 minutos dentro.E decir, xa teño praia para todo o ano. Mentres ian arribando aqueles que ainda non chegaran: a troupe catalana, con Angels e Pepe en cabeza, con Julia e David e como non a novidade que todos esperabamos: Cristina, Jordi e Shimeless que de seguido nos roubou ó corazón.Bicos, abrazos, pequenas novas contadas en tempo record acompañados polo rumor das ondas e do vento, que como todos supoñiamos seria un compañeiro constante ese dia.Tamén baixaron á praia Dani, Laura e Lucas que de seguido empezou a facer das suas na area; Isa e Dario dende Mallorca tamén nos fixeron compaña, ainda que Dario non podia ocultar a súa decepcion polas escasez de ondas que observaba, e lembraba os bons ratos pasados o ano pasado en Valdoviño....o ultimo en chegar foi Jose, que certamente non levaba ningunha cervexa na man.
Xa achegados ó chiringuito de "La Cabaña" foi o momento en que alguns de nós despertamos do mal soño: querian que creeramos que o escenario onde se desenrolarian os concertos eran eses catro paus en forma rectangular mal chamada "Palapa" de dous por dous metros...nin para a bateria daba. Algun do chiringuito nos fixo creer tamén que con catro tablons mais o sitio daba dabondo.....jajajaja.....aqui foi onde definitivamente tiven que cambiar o chip. Como ben di Ricardo, adoptei o "espiritu sureño". O mais grave con todo non foi iso, senon a tortura de escoitar unha vez si e outra tamén polos altofalantes do chiringuito a voz do inclito Alejandro Sanz. a un volume tal que os que estabamos o arredor dunha mesa tentando falar eranos imposible escoitarnos. Pidolle a un dos camaretos si éra posible baixar o volume, facendolle ver o mesmo tempo que aquelo que sonaba non éra polo que nós viñeramos a Bolonia e si podia poñer algo de Neil Young: "comoooooo dise?" An Yaun?...non, non, Neil Young....ahhhhhhh Bob Yaun...voi ve zi tengo algo del"....debeuse dispersar un pouco porque o seguinte que sonou foi o tema de Bobby McFerrin "Don't worry...be happy"...axeitado para ese intre, non?...o espiritu sureño iase apropiando de nós.
Chegou Antonio Boss, abrazos, coa sua muller Carmen a que de seguido lle preguntei como levaba o feito de ter na casa a alguen escoitando a Neil todos os dias. Sorprendentemente Carmen levao moi ben e xa co tempo estase a converter en toda unha experta no noso canadiano favorito.Todo un descubrimento Carmen: excelente persoa, alegre, e sempre con un sonriso nos beizos.
Mentres se decoraba o lugar para a ocasion foron chegando mais "playeros": Manolo Granpa, a quen sempre é un placer ver e falar con el, presentounos a sua family: Elvira a súa muller e as suas fillas onde destacaba Isabel, vivo retrato do seu pai, e que ainda non entendo como sendo este tan feo fora capaz de enxendrar unha beleza sureña como Isabel....impresionante Isabel co seu cariño, a sua felicidade e o seu ben facer cos nenos, especialmente Lucas que de seguido se enamorou de Isabel. Por non falar da facilidade de sacarlle os cuartos ó persoal , a indicacion de Manolo, coa venda de merchandising entre ela e as suas amigas. Era un espectaculo ver como se metian á xente no peto ofrecendo ata o que non tiñan.Pero fixeron unhas vendas que si non foran por elas volveriamos con mercancia para a casa. Moitos bicos para Isabel.
Con todo o sol empezaba a apretar e cada un refuxiabase onde podia.Despois de desbotar a idea da Palapa como escenario, houbo que buscar outra ubicación e non foi outra que a caron dunhas matas de costas a praia: excelente idea que de seguido se puxo en marcha utilizando os oito tablons que Antonio conseguiu de inmediato. Oito tablons contra o chan seria todo o escenario necesario para a Rust Fest. Algo sinxelo pero que o final daria os seus froitos.
Mentres se colocaban os tablons, Xaco fixome ver o "contraste de culturas" existente no proxecto: dende Catalunya, David e Pepe ben armados e protexidos con guantes de traballo, Ricardo, o do Norte, con un martelo nas mans marteleando puntas a esgalla e poñendo en perigo os seus dedos (non puiden mais que lembrar cando Neil tivo que deixar a xira do 86 por cortar embutido i en vez de cortalo o que fixo foi cortarse o dedo)... e os demais ( onde me incluio) facendo de inxenieiro e vendo dende a barreira como os demais se deslomaban para deixar todo preparado.
Unhas cervexas en boa compaña, as empanadas levadas dende Galicia (meu deus a de millo con berberechos) unhas "estrellas" para facer boca, e o intento esteril de botar unha siesta para prepararnos para a noite fixo que as 4 da tarde volveramos estar de novo en "La cabaña". Os Crazy Ponys pechaban esa noite a primeira xornada e queriamos que todo estivera a punto.
Soplaba un pouco de vento que facia que o calor se amortiguara. A praia lucia as suas mellore galas; xente chegada da provincia e os arredores invadian o areal mentres nós preparabamos o equipo de son e David e Pepe preparaban a mesa que tantos problemas nos daria mais adiante. David involucrouse dende o principio na toma de sonido; a sua capacidade profesional no tema fixo que a Rust botara a andar grazas a el.
Outra das ledicias do día foi coñecer a Gerardo, o deseñador do cartel de este ano. Viña dende Aranjuez coa sua familia e xa levaba pola zona un par de dias.Conversamos un pouco mentres ia coñecendo a outros "playeros" e fomos tomando posesion dun bon lugar para que a Rust empezara.
Eran as 7:30 do seran. O sol pegaba ben as costas do escenario. Era o turno de dar o disparo de saida. Manolo Granpa fixo a presentación, deunos a benvida a todos e de seguido presentou os valientes que abririan o lume da II Rust Fest: os "Rusties Harvesters", proxecto nacido facia un ano nos micros abertos de Valdoviño. Esta vez presentaban un set list de temas na sua meirande parte acusticos, xa que traballan unha base de piano, acompañadas polas voces...todo sinxelo pero con un resultado espectacular. A voz de Julia salese, o mires por onde o mires; non é de estranar que o dia eguinte nos micros abertos fora a que mais presencia tivera para acompañar moitos dos temas que se presentaban polos diferentes valentes que subiron o escenario.David ó piano pon a sua maestria innata mentres Pepe acompaña os temas facendo coros en moitas ocasions. Co sol no cumio naquel instante maxico, os "Harvesters" fixeronnos disfrutar de unha hora de show con temas de Neil, rompendo en duas ocasions para tratar temas de Grahan Nash e tamen de David Crosby, para deleite de Dani "Johnphillips" que asistía atonito ó que estaba a escoitar. A súa "manayé" Angels filmaba en video a actuación completa, que tivo que rematar porque non tiñan mais temas na falquitreira, senon a ben seguro que ainda a dia de hoxe seguiriannos deleitando coa súa mestria. Unha gran ovación e berros de "Bravo bravo" puxo o punto final a sua actuación para de seguido ser felicitados por todos os asistentes.
A continuación subiu o escenario Alberto Kastúo, que viña de Caceres con toda a ilusión posta e a expectación que creara no foro da Playa polas suas interpretacions desnudas dos temas de Neil. Tivera ocasión de saudalo e coñecelo pouco antes da actuación, e ver que resultaba unha persoa do mais achegada e risueña; boa xente él e a súa parella ( de quen agora non lembro o nome, perdon) que non deixaba de animar pouco antes de subir ó escenario.
Sorprendeunos a todos comenzando por unha copia literal do "Walk whit me" do "Le Noise". Guitarra electrica e megafono de man como único acompañamento para reproducir fidelmente o tema que abre o disco de Neil, con efectos incluidos. A súa voz perfectamente conxuntada fixonos creer a mais de un que estabamos vendo o mismisimo Neil; a entrega que poñia prometianos asistir a unha gran actuación si as cousas non se torcian....e torceronse. A mesa empezou a facer das súas; os altofalantes fallaban no medio dun tema...o sonido esparciase de mala forma; a voz non se escoitaba; os asistentes animaban a Alberto continuamente, que como gran profesional mantiña o tipo diante de todas as adversidades. A admiración polo esforzo que mantivo todo o tempo fixo que fose despedido con unha gran ovación con todos os presentes postos en pé.Berros de animo xurdian de todas partes e todo o mundo estivo de acordo que se resarciaria de algun xeito a mala sorte de Alberto. Dende aqui, Alberto mandoche un gran abrazo e xa sabes que tés unha cita dentro de un ano para ver o gran artista que eres.
As cousas non pintaban nada ben para o resto da xornada. En esas condicións ninguen era partidario de que os Crazy Ponys se subiran a tocar. Os "Carne con Bi" viñan de perto de Bolonia e con eles moita xente coñecida para arroupalos...foi o momento que aproveitamos para meterlle algo ó corpo. Mentres ceabamos Ricardo recibe unha chamada de Antonio Boss para comunicarlle que si o desexan pasaban a actuación para ó dia seguinte. Os Ponys xa non as tiñan todos consigo para actuar esa noite. O equipo non éra de fiar, os nervios estaban a flote. Eu éra partidario de suspender a actuación ata ter a seguridade de que o equipo funcionara como debia; para eso falara con Manolo para comentarlle á urxencia de facerse con un equipo fiable para primeiras horas da mañan do dia seguinte. Manolo, diante do fiasco do día, recoñeceu que falara cos membros dos Bras Buttoms e estes ofreceran o seu equipo para o dia seguinte.
Os Ponys deciden postergar a actuación para o día seguinte con bo criterio.
Dos "Carne con Bi" non podo opinar moito; chegamos cando estaban a piques de rematar e poidemos observar que se adicaban a un pop-andaluz que por ali abaixo ten os seus seguidores pero para nós pouco nos di, amais de que unicamente resolveron un tema de Neil adaptado a súa idiosincrasia.
A xente esperaba polos Crazy Ponys sen saber que non actuarian...pero estes fixeron acto de presencia nun recuncho e ali mesmo estiveron durante mais de unha hora en versions en acustico deleitando ó persoal, que con aquela proba saliu mais que satisfeita do que podian ofrecer ó dia seguinte.
Mentras dinme unha volta para coñecer os Shockin Beards en persoa. Estaban cansos e preocupados ó mesmo tempo por non ter un lugar onde gardar o material que utilizarian o dia seguinte. Baixaran de Madrid nos seus coches e cando souberon por un amigo seu que utilizarian o equipo dos Brass Butoms na sua actuación quedaron mais tranquilos. Unha cervexas, mais saudos, e preocupación nas caras de alguns polo que nos depararia á seguinte xornada.
Unha vez que os membros dos Ponys deixaron o acustico xa eran casque as tres da mañan. Ia ficando pouca xente no chiringuito, e o remate quedamos Arancha, Ricardo, Xaco, Isa, Jose, un adormecido Luis ... e un servidor. A esas horas propuxemos facer unha visita ó chiringuito da competensia que ainda tiña as luces encendidas. Mais que nada foi como compensación polo mal rollo que houbo co persoal de " La cabaña" onde as malas caras para os asistentes foi a nota dominante.
E ali en "Los caracoles" foi onde se deu un dos momentos alxidos (e diria que fundamental) da Rust Fest. De seguido nos decatamos de que o lugar éra moito mais axeitado que "La cabaña": un patio interior rodeado de mesas baixo cuberto e un xardin no medio, moi ben coidado. Si se colocara o escenario no fondo o lugar seria perfecto. Preguntamonos entre nós como os organizadores non pensaran en este lugar para a Rust. A resposta non se fixo esperar moito. Sentados nunha mesa exterior esperamos que nos serviran mentres escoitabamos grandes voces dende o interior: berros misturados con mala oxtia que chegaban nitidamente ata onde estabamos, i eso que haberia mais de 30 metros de distancia. Arancha levantouse e volveu o cabo de varios minutos con unha cara que o decia todo: éra a primeira vez, contou, que fixera pipi con un can observandoa no WC. O can estaba dentro cando ela abriu a porta , mirou para ela, e seguiu a dormir mentras a urxencia de Arancha levouna a tomar a decision de continuar co can os seus pés.
O pouco un torbellino de muller achegase a nos e antes de que poideramos decir algo sorprendenos con unha retaila continuada: loscaracolesamimanerafransinatrapuntocomquelezpongoparatomar? Mentres alguns decidimos probar os mojitos do local, a meirande parte optan pola cervexa, agás Isabel que non se lle ocurre outra cousa que pedir un LUBUMBA. Mentres lle explica o que é eso, (Cacaolat quente con coñac) Sophia (er mizmo nombre que la reina pero maz pobre) toma nota de como se fai o lubumba avisando que sinon lle salia fariao amimanerafransinatrapuntocom. Ante o perigo que aquelo tiña Isabel decidese por unha cervexa tamén. Cando chegan as consumicións Sophia queda con nós para contarnos que "eztamuiagobiadaporquetienequeirbuzcalolimonelalechugayloztomatezparalaSARDINADAgratiquemañanatenemoparahacelacompetensiaaesedesgrasiadodelacabaña" mentres indicaba con desden hacia onde houbera actuacions toda a tarde.Cando (inxenuos de nós) lle propuxemos que os crazy ponys tocaran o domingo no seu local, Sophia botou un berro cara dentro do local:"TONIOQUESALGAQUETIENEQUEHABLACONEZTAGENTE". Antes de que chegara o devandito Antonio, Sophia contounos en dez minutos e sen deixar de falar, toda a sua vida: "zoiinglezadeLondonymipadreteniaunAztonMartin;mefuiaSuisaperomerompivariazcoztillaz;meembarqueenuncruzerodondedabaclazezdeinglezalhijomaztontodelquemazdinerotenia;enNewYorkfuijefadepublicidadeunareviztadondemedijeronziqueriaunayudanteylezdijequenopoqueaziganabamazdinerilloparami;quilloquemaneradeganardineroataquevineaBoloniayconociaAntoniodeLozcaracole:diecioshoembarazoyoncehijoyesteeradelmedio,buenagentesinofueracauandoledaeryuyutumeentiende?
Mirabanos cos ollos abertos entre nós sen saber nin que decir nin como parar a aquel huracán que non deixabade parolar a pesar de que Luis estivo a piques de caer sobre ela xa que estaba de pé e cando se durmia casi a aborda varias veces.
Cando chega Antonio (pelo repeinado para atras, cazadora deixando ver o peito de lobo a traveso de una camiseta de tirantes) o primeiro que pregunta é o que hai que tratar, e de seguido dirixese a Sophia que estaba ó seu lado, para decirlle: "Sophia, aireeeee", o que fai que a muller corra a sentarse a beira de Ricardo e o mais lonxe posible de Antonio. Este presentase como promotor de Yei Braum, Kiko Veneno "y Er Lechuguita" guitarra de Raimundo Amadó; cando lle facemos ver a imposibilidade de tocar o domingo por mor de que Xaco tén que marchar ese mesmo dia cedo, plantexanos a posibilidade de chamar "ar hijo der Pitingo, que toca lo que zea zi llo ze lo pido". Asustados xa do que nos ven enriba, e despois de aceptar de mala gana unha invitación por parte de Sophia a unhas novas consumicións, Ricardo erguese decindo que se tén que marchar, o que os demais aproveitamos para facer o mesmo de forma inmediata e deixando a Sophia coa palabra na boca.....Cando chegamos o coche as gargalladas podianse escoitar en Tarifa, as bagoas asoman ós ollos de moitos de nós que non podemos aguantar mais; Isa, Xaco e mais Luis deciden ir a pé mentras os demais entramos no coche facendose imposible encendelo polas ocurrencias continuas de Ricardo comentando a Xogada. Jose Cerveza asegura entre hipos que non se reira tanto dende que vira por primeira vez "A Vida De Brian"...cando chegamos onde estaban Isa e os demais fomos incapaces de articular palabra e mirabannos como bichos raros...Isa aseguraba e perxuraba que vira un cabalo comendo nun contenedor do lixo e que pasaban cousas moi raras mentras nós dentro do coche desternillabamos da risa. Cando estabamos a piques de chegar ó cruce do "Bellavista" tivemos que parar ante a visión que se desenrolaba diante dos nosos ollos: tres burros metian os seus fuciños por turnos dentro dunha papeleira e ian sacando todo o que dentro habia. Mentras un deles sacaba bolsas de plastico ou o que collera, os outros dous miranbannos fixamente sen perder detalle...por quendas ian pasando un tras outro pola papeleira de forma cansina mentres dentro do coche non dabamos creto o que estabamos a ver....cando estabamos a esperar pola chegada de Isa e os demais, outro burro que sae do camiño da praia bota un rebuzno que se escoita en todas partes e os tres conxeneres salen ó galope na súa busca. Isa non cree o que esta a ver i escoitar e sigue a asegurar que pasan cousas moi raras, raras, raras...., a cousa remata co meu corpo no chan por mor da risa que me impide andar, e Jose e Isa sacando fotos dende as escaleiras do seu apartamento o momento. Grazas que a pouca luz impediu que se discernira nada, porque sinon a ver como ia explicar eso.
Dende aquela á abducción foi penetrando en nós pouco a pouco.
lunes, 18 de julio de 2011
sábado, 16 de julio de 2011
II RUSR FEST: CON BOLONIA NO CORAZON (1)
Ainda hoxe, 15 de xullo, cinco dias despois de voltar das "Southers Earths"non din despertado para contar con obxetividade todo o ocurrido en esta II RUST FEST.
Fai un ano exactamente que poñiamos a andar o primeiro dos Rust "Waiting for Neil" en terras de Valdoviño. Aquela experiencia, e coido que todos os asistentes a ela me daran a razón, marcou un antes e un despois na vida de moitos de nós. En este ano transcurrido todos soñabamos con volver a encontrarnos para compartir unhas pocas horas do ano con aquelas maravillosas persoas que coñecimos en Valdoviño. A espera faciase moiiii longa; os dias non daban pasado; as novas do II Rust caian a contapingas...os nervios empezaban a aflorar cando iamos sabendo de todos os grupos que se xuntarian por dous dias en Bolonia. Meu Deus, con esa calidade ata o propio Tio Neil era capaz de aterrar en Bolonia...e si esto era asi, como iamos a facer mais adiante? Xa non "Esperariamos por Neil?"; cumpliriase o lema e disolveriamos as Rust? NON, QUE NON VEÑA!!!!!!!! QUE SE QUEDE NA CASA.....NOS O QUE QUEREMOS E XUNTARNOS CADA ANO, o de Neil é a excusa perfecta para asi facelo.
Bueno, e deixando un pouco de lado a ironia (moi propia de nós por aqui enriba, e pouca entendida a veces polas Terras do Sur) paserei a contar mais ou menos o que ali aconteceu, empezando polo longo viaxe a que nos vimos sometidos dende o Norte: 1200 Kms de arriba a abaixo coa CrazyFurgo onde se ubicaba o material dos Crazy Ponys, con Ricardo e Arancha nela; Luis e mais eu faciamos de escoltas ainda que o coche ia ata os topes tamen: caixas de camisetas, cervexas Estrella, empanadas, Licor Coffee de Xunqueira...iamos ben abrigados para o camiño.
Extremadura deunos o primeiro toque: interminable, moi distinta o que nós coñecemos; nun intre coidamos que Ricardo toleaba pola inmensidade que se presentaba diante noso. O calor fixo acto de presencia con temperaturas que subian dos 33 ou 34 grados. Chegou ó seu culmen en Sevilla: 37 grados as 7:30 do serán. Ali fixemos unha parada tecnica para saudar ( e no meu caso coñecer) a un compañeiro de Luis que nos esperaba nas aforas. Cando recuperamos a estrada xa estabamos doentes por albiscar o mar...mantiñamonos en contacto con Hector, Miguel e Vicki que baixaban dende Madrid despois de recoller o primeiro na capital do reino....e o mar non aparecia por ningures; Xerez, o Puerto de santa Maria, Vejer de la Frontera, pasamos perto de Barbate, onde pensabamos escoitar os rumores das ondas contra a área...pero nada de nada. De supeto, un cartel indica a dereita BOLONIA e ali empezamos a subir unha longa costa que nos separaba do noso obxetivo. Cando chegamos o culmen por fin poidemos velo: a praia de Bolonia aparecia ali abaixo esperando por nós. Os catro Kms de baixada foron como esas baixadas do Tour de Francia que todos os verans nos ofrece o TV: relaxada, apurando cada curva, mirando solo ó infinito cercano que se nos presentaba diante de nós. Por fin chegamos, e o primeiro que vemos é o noso aloxamento por esos días: o Bellavista. NIn en el paramos impacientes como estabamos por atoparnos con aqueles que botaramos tan en falta durante un ano. Un pequeno vistazo á praia, chamada a Antonio Boss, e confirmación de que alguns xa estaban no chiringuito de La Cabaña. Para ala fomos como tolos para abrazar a Jose, Isa, Dario...e mais tarde a Dani, Laura e como non ó NOSO Lucas. Porque Lucas é de todos nós....(non quero imaxinalo dentro de catro ou cinco anos na Rust subido xa o escenario...).
Hector, Miguel e Vicky apareceron ó pouco coma nós: cansos pola viaxe pero ledos por estar todos xuntos.
Tomamos posesion do aloxamento, ceamos un pouco, e despois Jose e mais eu fomos tomar algo nun dos poucos chiringuitos que estaban abertos. Habia que esperar por Xaco que retrasaba a sua chegada por motivos alleos a el e que non sabiamos moi ben a que hora chegaria. No chiringuito foi onde nos atopamos por primeira vez sen sabelo con Sophia, e a volta pola estrada xa empezaron a ocurrir algunhas cousas raras, raras que se multiplicarian nos vindeiros dias.
Xaco chegou as 5:30 da madrugada...xusto para saudalo e volvernos meter cada un na cama ata o dia seguinte. Xa estaban todos os Crazy Ponys en Bolonia, onde escribirian o mellor dos concertos da sua vida, con un cantante novo que tomou o mando da situación e un bateria que é realmente guitarra e que colleu as baquetas un mes antes de actuar en Bolonia

jueves, 26 de mayo de 2011
ASI FOI A ARROUTADA
Nunha paxina de Rock tratase de eso...de Rock, ou non? Pero o de hoxe vai algo mais alá porque é necesario contar, unha vez pasada a Festa todo o ocurrido arredor do evento. Un dos participantes no concerto foron os Crazy Ponys en cuia paxina podedes ter información do acontecido a nivel musical xa que eu pola miña banda teño que decir que non puiden seguir a actuación coma noutras ocasions xa que o traballo e a coordinacion da festa fixo imposible seguilos como me gustaria. Podedes velo aqui: www.crazyponys.blogspot.com
Facia tempo que rondaba na miña cabeza a celebración de unha Festa en Xunqueira, e mais ainda despois de escoitar os Crazy Ponys, sabedor que encaixaban perfectamente no modelo de Festa que desexabamos facer.
Dinlle voltas e mais voltas para buscar a ubicación que mellor se adaptara o que queriamos; vin varios lugares centricos de Xunqueira; ningun deles cubria as expectativas ainda que moitos estivaran ben situados.A finais de abril, unha tarde din un paseo pola vila e encamiñei sen querer ós meus pasos cara as Escolas Vellas. Este é un recinto pechado polos catro costados onde se situa un pequeno xardin infantil e mais dous locais pechados onde se desenrolan varias actividades ó longo da semana; asimesmo ali celebranse cumpeanos infantis, ceas de colectivos, cursos, etc. Un lugar municipal onde solo hai que pedir as chaves para celebrar calquera cousa que haxa que celebrar.
Vin que o lugar era o que estaba a buscar; perto do centro e o mesmo tempo apartado para non molestar a ninguen; aparte dabame que o sonido que ali albergaria unha actuación musical podia ser expectacular.
Falamos entre varios membros que se apuntaron a organización e todos estiveron de acordo en facelo ali; para eso o día 28 de Abril presentei nas dependencias municipais do Concello un escrito solicitando para o dia 20 de Maio as dependencias das escolas Vellas para a realización de actividades infantis e musicais para ese dia. Collin a copia co Rexistro de Entrada e puxemonos mans a obra.O tempo pasaba e non habia rastro de contestación por parte do Concello. O día 10 de este mes recibimos os carteis da Festa e empezamos a colocalos por todas partes; ó mesmo tempo entraba en xogo a campaña as eleccions municipais e en Xunqueira todos eran murmuracions sobre a idoneidade da data escollida para festa. Si escollemos o derradero dia de campaña para facela foi precisamente para demostrar que outro tipo de actividades se podian realizar ó marxe do Concello e que non colisionaban unhas con outras; aparte de que pensamos de que a xente ben merecia un día mais de descanso despois de escoitar tantas falsedades durante quince dias; e sabiamos que os integrantes da Festa tamén estabamos involucrados nas expectativas que queriamos de cambio en Xunqueira; pero todo se pode compaxinar e quen queira ver pantasmas onde non os hai é cousa deles.
Dende as redes sociais recibimos apoios para a Festa dende moitos lugares; mensaxes de animo para todos os que estabamos en faena, comentarios de apoio para facer algo que nunca se fixera en Xunqueira; dende aqui quero agradecer todas estas mostras de apoio que recibimos.Pero o permiso para a Festa non chegaba. Eu xa imaxinaba que non o recibiriamos nunca, pero tamén non se me pasou pola cabeza volverme atras. A Festa celebrariase.O día 15, domingo estaba en Xunqueira. Vin que o Gavilanes (alcalde do Concello) salia dun bar e chameino para falar con el. Pregunteille que me podia decir do permiso que estaba a esperar: dixome que si non recibira a comunicación na que me decian que non era FACTIBLE o uso das escolas Vellas porque xa estaban programadas actividades para ese día...que "onte (sabado) ou antronte dera ordes de que se comunicara por escrito esa decisión". Pregunteille que actividades eran e contestoume que habia cursos de gaita e pandereta para o grupo que normalmente usaban as escolas para elo; pregunteille que as duas actividades eran prefectamente compatibles unha con outra , i é mais dixenlle si os nenos que participaban en eses cursos podian tocar na nosa Festa (pagandolle por suposto); nervioso xa porque non éra capaz de dar unha a dereitas dixo que non habia problemas para elo; cando lle preguntei polo lugar alternativo que lle plantexara no escrito do día 28 dixome que non tiña nin idea do que lle falaba; eso deume lugar a saber que o Alcalde nin leera o escrito que lle presentei; cando lle dixen que se trataba da explanada a carón do Concello poñendo cara de sorpresa contestou que non habia problema para elo.Con todo, ó día seguinte, luns 16, recibin un escrito con data de ese mesmo día e con rexistro de saida do Concello as 11,47 onde se me comunicaba que non era factible O USO DAS ESCOLAS VELLAS para a realización de actividades infantis e musicais. Ese escrito demostra que o Alcalde é un MENTIROSO, xa que persoalmente me comunicou o dia anterior que xa enviara o escrito do que falamos; demostra tamén que nin leeu a miña solicitude xa que non tivo en conta o lugar alternativo que se lle pedia...e demostra tamén ó medo que se lle viña encima cando viu que se facia algo que el mesmo non podia controlar.
O dia 18 mercores a primeiras horas presento un escrito no Concello incidindo na ilegalidade na resposta por parte do Concello e por estar fora de tempo a sua contestación; solicito falar coa Secretaria do Concello quen alegou que non sabia nada do tema e que "eran cousas do Alcalde", ó mesmo tempo que sen sabelo me confirmou que ó espazo de tempo para contestar o escrito era de 10 dias, polo cal automaticamente a contestatación estaba fora de prazo é a solicitude podia se dar por positiva por silencio admisnistrativo.Ese mesmo día pola mañan contactamos persoalmente coa monitora do Grupo Infantil de Gaitas para contratalos ; en principio dixeron que si....seis horas despois a resposta éra que non. Os telefonos puxeron a funcionar e as represalias non se facian esperar; era outra mais do Gavilanes.
Seguimos ese dia cos preparativos e ultimando os detalles da Festa.
O xoves 19 (un día antes da Festa) as sete da tarde comenzase a levantar o escenario. Ese mesmo día pregunto en varios lugares polas chaves que dan acceso os lacias pechados das escolas; alguen dirixeme a un particular que tiña as chaves (e digo particular, que non ten nada que ver co Concello, agas que é a muller do tenente de Alcalde): diceme que ela non tén as chaves e que pregunte na Biblioteca; na Biblioteca dicenme que Non, que como o martes fora festivo non devolveran as chaves e que seguramente estarian nas dependencias superiores do Concello pero que como era pola tarde este estaba pechado....as oito pasa por diante de nós o tenente de Alcalde; chamoo e preguntolle polas chaves e dime que as tén el; cando lle plantexo que ó día seguinte imos celebrar a Festa e as necesitaba contestame que "Tén ordenes do Alcalde de que non mas poda dar"; cando lle plantexo a ilegalidade do que está a decir
contestame que el "é un mandado"; digolle que é unha tonteria andar con esas trapalladas e en todo caso podo presentarme as doce e un minuto da noite na súa casa co Garda Civil para esixir a entrega das chaves e sigue insistindo que é un mandado...manda carallo.
Nos seguimos coa montaxe do escenario mentres se corre por todo Xunqueira a negativa por parte do Alcalde a celebración da Festa. O Juan fai a proba de carga do escenario ata que rompe pola metade unha das trabes e tén que volver a colocar outra e apuntalar todo o escenario. O Traballo do Juan e mais o Toño de Requeixiño queda rematado as dez e media da noite con todos os puntos de seguridade apuntalados.Pola súa parte o tecnico da luz dá os primeiros pasos para colocar os puntos de luz necesarios e teno que facer sen acceder o recinto cuberto das escolas....
O dia da Festa, a primeira hora presento no Concello un escrito manifestando todas as ilegalidades recurrentes por parte do Alcalde, ó mesmo tempo que lle fago un preaviso das actuacións previstas: presentacion no Xulgado dunha querela por PREVARICACION contra ó Alcalde e mais ó Tenente de Alcalde asi como todas as probas diante da Garda Civil.
Ós 20 minutos da presentación do escrito o Xose Lois recibe unha chamada persoal do Alcalde pedindo a retirada desa acusacion no Xulgado e mais que retirara o escrito presentado no Concello. E decir: que non existira proba da súa presentación ; que el xa se encargaria de ordenalo e asi nos entregaria as chaves; eu alucino: está a pedir unha manipulación do propio Rexistro de Entrada do Concello; un sistema automatico que rexistra todas as entradas e saidas que ali se presentan...en ningún momento me chama a min que son a persoa que presentou todos os escritos no Concello.
Daquela, parte dos Crazy Ponys xa están en Xunqueira e alucinan co que está a pasar; e tamén alucinan coa fermosura que os rodea por todas partes; co recinto das escolas vellas; coa Praza, coas rúas de Xunqueira; é algo que nos enche de orgullo o feito de que alguen de fora nos faga ver o valor que tén o noso pobo.
Pero seguimos sen as chaves; as once e media aparece o equipo de son contratado para a ocasión; mentres se vai descargando todo o material, varias persoas se achegan ata nós para manifestar o seu apoio persoal o que estamos a facer; incluso un operario municipal nos pregunta que si non temos acceso a toma de luz el pode abrir unha porta onde podemos collelo; digolle que é mellor que non, sobretodo polas repercusións personais que lle pode acarrear e para non poñelo en un compromiso co Alcalde; pero de verdade que se agradecen estes detalles; todo o equipo esta xa encima do escenario; o "Chispas" tamén fai o seu traballo e deixa todo preparado para cando chegue o grifo de cervexa que temos contratado; todo vai encaixando pouco a pouco. Alguen escoita que como imos dar sonido si non temos toma de luz...o pouco tempo chega un xenerador contratado expresamente para a ocasión.
Imos xantar cos Ponys e mais o equipo de son; as catro da tarde atopome co Xose Lois: un operario municipal acaba de facerlle entrega das chaves por orde directa do Alcalde (parece ser que lle sentara ben o xantar e xa estaba con outro caracter); o Xose Lois recibe unha chamada da Garda Civil de Allariz preguntando pola Festa da noite; lle comunican que dende a Subdelegación do Goberno de Ourense acaban de comunicar que a Festa era un evento de "Alto Risco" e que habia probabilidades de que houbera enfrontamentos entre os asistentes....asi como o leedes;
Os xogos infantis poñense en marcha no Adro da Igrexa; facia moito tempo que non se vian tantos nenos xogando xuntos...toda unha Festa de ledicia e griterio; vinte ou vintecinco nenos xogando, inflando globos, pintando, correndo....e moitas aboas que pasaron por ali disfrutando dos seus netos....foi reconfortante para todos, de verdade.
Continuamos con preparativos....e asi chegamos a tempo para facer o lume para o churrasco, preparar os mexilons....a xente ia achegandose ós poucos; as probas de son estaban xa feitas...todo estaba preparado para escomenzar a 1ª Festa da Arroutada.
Primeiro lein o Pregon da Arroutada, e a continuación demos os premios inaugurales de este ano: un ó Juan de Sanxillao por todo o que está a facer en Xunqueira a todos os niveis; e outro ó equipo do Xunqueira C.F. pola maravillosa tempada que fixo dsifrutar a todos os afeizoados...e despois veu a musica.
E aquelo sonou como tiña que sonar, potente, duro, contundente...maravillosos xogos de luces facendo filigranas cos vellos muros...fume que se desparramaba por todo o escenario e chegaba a outra beira da estrada...onde habia xente que non se atrevia a entrar, por certo. pero nós seguiamos ó noso: disfrutando coa musica de Neil en boca dos Crazy Ponys; a xente achegabase para felicitarnos e pedirnos que por favor o seguinte ano o repetiramos; que non fixeramos caso de todo o que pasou...que nos apoiaban e que éra todo un luxo poder disfrutar de unha noite como esa.
Magoa de non poder dar unha cronica da actuación dos Crazy Ponys, nin dos Mitocondrias; pero podovos decir que eu disfrutei como nunca, e mentras un disfruta non esta para moitas lerias, non si?
Polo demais, decir que o que tentou impedir a celebración da festa..pois eso, que no seu momento terá que responder por elo; tarde ou temprano pero terá que facelo.
Pero nós seguiremos ó noso....VIVA A FESTA DA ARROUTADA.

Etiquetas:
festa da arroutada
martes, 10 de mayo de 2011
A ARROUTADA PARA @S NEN@S
Pois para aqueles que queredes saber de que vai ir a Festa, direivos que polo serán, a partir das 5-5,30 e ata aproximadamente as 8, llo adicaremos @s nen@s ; na primeira hora, mentres no recinto das escolas vellas se fan as probas de son para os grupos da noite, tentaremos que fagan acto de presencia por toda Xunqueira para participar nunha tarde de pintura e debuxo; o tema será libre e o material a usar poderan escollelo eles mesmos; tentaremos ter materiais para todos, pero diante da imposibilidade de saber o número de nen@s que se presenten, tamén estaria ben que foran co seu propio material por si nos quedamos curtos.
Despois de esa hora, e xa de volta nas escolas vellas, procederemos a colocar os debuxos por todo o recinto e asi que a súa obra sirva de decoración para toda a Festa. Tod@s @s participantes recibiran un agasallo por participar.
Despois dentro de recinto comenzarán as actividades, que poderán ir dende as carreiras de sacos, ata xogos populares como tirar da corda, obradoiros e todo o que se lles ocurra tanto os participantes como o persoal ó cargo das actividades; tamén terán ocasión de subir o palco todos aqueles que queiran cantar ou bailar diante dos asistentes, ou mesmo contar algo que se lles ocurra. E como non: haberá unha merenda para todos os que se pasen por ali.
Todo o que se vos ocurra, podedes plasmalo neste blog con as vosas opinións, que seran atendidas dentro do posible pola organización da festa.

lunes, 9 de mayo de 2011
XA ESTA EN MARCHA A 1ª FESTA DA ARROUTADA
Tal e como anunciamos fai dous días, xa podemos decir que esto é imparable. O que empezou como unha coña vaise a converter en realidade. A 1ª FESTA DA ARROUTADA a celebrar en Xunqueira o vindeiro dia 20 xa esta en marcha. A qui podedes ver o cartel do acontecemento, e ós poucos iremos falando de todo o que vai acontecer ese día.
Para empezar, esa noite tedes unha cita no recinto das escolas vellas, asi que non veñades cenados porque o poderedes facer ali mesmo; o menú coido que paga a pena: churrasco, criolos, empanadas variadas e mexilons ó vapor...e todo por un prezo irrisorio; asi que ide facendo boca.

sábado, 7 de mayo de 2011
UN PASO MAIS: XA ESTAN AS CAMISETAS
Pois si amigos todos: o tempo vai pasando e os pasos vanse cumplindo. Co programa da 2ª Rust Fest xa desmenuzado pola boa man de Antonio e Manolo, agora damos outro paso cara eses dias 7 e 8 de xullo.
Xa temos as camisetas...que teredes que sufrir con impaciencia crecente dia tras dia ata chegar a Tarifa; pero polo menos xa vos podo deixar unha mostra delas.....tatachan...tatachan

Camisetas
jueves, 5 de mayo de 2011
ARROUTADOS?
Somos ou non somos ARROUTADOS? Esta verba en galego ven a ser algo asi como a contraimaxe do galego da esqueira; sempre din de nós que non se sabe si subimos ou baixamos; curioso en todo caso, e signo do pouco que nos coñecen por outros pagos. Para empezar: claro que sabemos o que facemos na esqueira...somos tan hospitalarios que cando vemos que alguen sube por ela somos capaces de acompañalo ata arriba ainda que estemos a baixar; e o contrario tamén pasa, non sexa que se perdan; pero de todos os xeitos coido que esa é unha interpretación interesada polos de sempre...e non quero dar nomes.
Enton o ARROUTADO que é ou quen é? Podiamolo explicar como algo asi de alguen apaixonado, vehemente, resolto, decidido, ousado, temerario...nunha verba: un tirado para adiante, que tanto se dá na sociedade galega.
ARROUTADOS E ARROUTADAS foron os milleiros de persoas que no seculo XX e tamén no XXI fixeron as maletas e en unhos casos en barco, outros en tren, tomaron o camiño da emigración a facer as Americas en paises tan lonxanos como Arxentina, Mexico, Venezuela,Cuba, panama, Brasil...etc; nesta parte de Europa cubrimos parte do continente en Suiza, Alemaña, Francia, Belxica, Inglaterra...e tamén aparecemos por Euskal Herria, Catalunya, Madrid, Canarias....; podese decir que cubrimos boa parte do mundo.
ARROUTADOS e ARROUTADAS tamén temos moitos no noso propio país: todos aqueles que se enfrontan o poder establecido todos os días son desa caste.E xa hai que ter valor para facelo en un pais como ó noso, nonsi?
E a que ben todo esto en unha paxina de Rock? Pois moi sinxelo: porque unhos cuantos e cuantas ARROUTAD@S estan a preparar a 1ª FESTA DA ARROUTADA en Xunqueira de Ambia, ali pola Gallaecia profunda e rural das terras de Ourense; e porque o contamos nesta paxina?; moi sinxelo tamén. porque nesta Festa van a estar presentes outros ARROUTADOS de peso no país, nada mais e nada menos que os nosos queridos Crazy Ponys que nos van poñer a musica do noso querido Neil para que sone alto e ben forte entre os muros milenarios das escolas vellas de Xunqueira. Escolas que eu pisei pouco tempo fara algo asi como 47 anos, pero que deixaron lembrazas indelebles que ainda hoxe furan na miña cachola.
E ademais estaran acompañados por outros ARROUTADOS como son a banda MITOCONDRIAS de perto de Ourense; unha banda con moita historia xa, traballos publicados, sonido potente, acompañantes de luxo de Los Suaves en varias ocasions;
Coido que pode ser unha noite maxica da que vos iremos dando información pouco a pouco, pero que dende xa, vos podo decir que estades todos invitados.
Seguirei informando, e mentres ...que sone o ROCK&ROLL ARROUTADO

ACONTECEMENTOS
lunes, 11 de abril de 2011
NA FESTA DO VIÑO: MINI CONCERTO
Complicado o tiñan os Crazy Ponys na súa cita en Vedra, na Festa do Viño.
Un ambiente de Woodstock enxebre, milleiros de persoas no recinto, bon tempo....e moitos nervios.
As probas de son alongaronse de mais a pesar de que os Crazy estaban a pé de palco a partir das once da mañan; pero a sua actuación escomenzou as catro e media do seran e probando son con "Cinnamon Girl"; asi de forte foi a cousa;hora estrana para o Rock&Roll, co sol enriba de nós; poucos temas en esta actuación, asi que moitos do set list ficaron fora; a pesar de todo os nosos amigos superaron a proba con moi boa nota.
"Fuckin Up", "No hiddent path", "Ohio", "Down by the river", foron os temas que abriron o concerto

para ir collendo forza; moita xente mirando i escoitando dende a lonxania; os seguidores en primeira fila, claro; ainda que eramos poucos...pero valentes. O son foi afianzandose co tempo ata acadar un son contundente e agresivo que pillou ó persoal
que se achegaba as inmediacions do palco. A atención foi a mais cada vez que os Ponys arremetian con ganas un novo tema. O Rock&Roll soaba polas terras do Ulla misturandose con grolos de viño,con xente de toda caste e condición...
"Motorcycle Mama" puxo a cota mais alta. De novo Viky levou a voz cantante e puxo toda a sua voz a servizo dos Ponys: arroupada pola banda, con Luis de axudante principal en este tema, Ricardo marcando o tempo, e Xaco (como se escoitaba o baixo de Xaco) e Carlos levando o ritmo, mentres Antonio facia coros e botaba man da sua armonica...os que estaban a pé de palco e os que miraban dende a lonxania rendironse ante este tema, de tal xeito que moitos achegaronse as primeiras filas para seguir co remate do concerto.
"Hey Hey, My My" sonou na voz de Ricardo mais rica que nunca; machacona, ritmica,con tempo para florituras incluso; caseque sen tempo anuncian o remate do concerto e arremeten co himno obligado: "Rockin' in the free world" estoupa en un frenesi por parte de toda a banda; agora si, a xente achegase, salta, baila, corea o tema; esta claro que o himno de Neil é recoñecido por moitos dos asistentes...pero é o final; corenta e cinco minutos escasos que nos soubo a pouco, a moi pouco...
Despois de rematada a actuación ainda tiñan que ir xantar; en esto a organización portouse: como unhos VIP'S. Mesa a base de empanada, xamon asado, postre, café e viño claro, todo o que quixeran; de todos os xeitos ninguen se pasou: na volta de San Miguel de Sarandon, a "patrulla verde" estaba a espera de moitos dos asistentes, hai que decir que dos tres coches da caravana dos Crazy ningun deles deu positivo, e eso que como dixo o Alcalde no Pregon da Festa: hai moitos camiños para esquivalos, asi que a disfrutar.
Nós esperamos xa a seguinte dos Ponys: será en acustico dentro de quince dias...e moitas mais sorpresas que xa estan no camiño; estaremos atento para contalo.

crazy ponys
sábado, 5 de marzo de 2011
TRUNK SHOW...SEGUIMOS AGARDANDO
Xa se anunciou cerca de un ano a publicacion da pelicula de Jonathan Demme sobre o noso Tio, "Trunk Show"; xa na Rust Fest de Valdoviño do ano pasado tentamos que chegara a tempo para poder visionala...e dende aquela non sabemos mais dela...non hai nin rastro; seica se estrenou nos USA (ou polo menos eso estaba previsto) fai cousa de cinco ou seis meses, pero parece ser que en circuitos moi restrinxidos, polo que parece ser que o vindeiro paso será o da sua presentacion directamente en DVD...pero o nós, os seguidores do Tio Neil, picanos o cú con tanto segredismo...e non é para menos por a boa pinta que tén a cousa; polo de agora habera que conformarse co trailer que anda rulando pola rede; pero si alguen sabe algo.....POR DEUS¡¡¡¡¡¡¡¡¡QUE O DIJAAAAAAAAAAA
Etiquetas:
Neil Young
viernes, 4 de marzo de 2011
SINIESTRO TOTAL: SOLO ELES O PODEN FACER....
Dende aquel ano de 1980 e o seu "Cuando se come aqui?" que levantou ampoulas en moitos circulos "bienpensantes" (non podian aturar un tema como "Ayatolla no me toques la pirola"), os Siniestro sempre se mantiveron en primeiro plano a nivel musical. Tocaron todos os paus posibeis e en todos saliron ben afeitos.
Son ducias os temas que podemos lembrar, coa sua caracteristica retranca e irreverencia, pero con unha solida base musical. Rock, funk, soul, country...calquer estilo que podas imaxinar, en algun intre da sua carreira ( e xa vai para 30 anos), foi tocada polos vigueses. Letras ironicas, con mal leite moitas veces, caralludas en outras ocasions, os Siniestro non lle fixeron ascos a nada. Siguen sendo "legais" en este circo do Rock onde cada vez é mais estrano atopar xente fiel os seus plantexamentos orixinais.
Por eso chama a atención que SINIESTRO TOTAL RENUNCIAN O PREMIO ANUAL DA MUSICA A MELLOR CANCION EN GALEGO. Como leedes queridos amigos. Din que non, que non son merecentes do premio xa que "ainda que sexa habitual na carreira discografica do grupo a realización de algun tema en galego, non nos consideramos que sexa xusto que nos den ese premio xa que entendemos que eso implica que aqueles grupos que apostan totalmente polo galego sexan os merecedores da nominación , e nós non o somos".
O tema en cuestión é " Quen me dera na casiña" do seu ultimo traballo "Country & Western" publicado o ano pasado e grabado en Nashville. "Whis i were at home" ou algo asi como "Ojala estuviera en mi casa".
Solo eles podian facer tal cousa....porque siguen sendo os de sempre...con dous collons.
Como mostra da sua iconoclastia e irreverencia por todo, atopei este video de peche de emisión de unha suposta canle de TV...e como é obrigado, a emisión pechase co himno nacional, en este caso o Himno Galego en versión Siniestro Total....ahhhh, e que ninguen se rasgue as vestiduras....

siniestro total
lunes, 14 de febrero de 2011
ANGRY WORLD: MELLOR CANCION ROCK
Pois si, esta madrugada entregaronse os premios Grammy ( de tantos que hai é raro que nadie se quede con algún). E ali estaba o noso Tio ( si estaba ou non, non o sei, pero seguro que pronto o saberemos) en tres candidaturas; ó remate levouse o Grammy á mellor cancion de Rock do ano: "Angry World" ese tema que resoa no "Le Noise"; cecais non sexa o mais representativo do disco pero si é certo que é dos mellores temas de ese traballo. Asi que outro que vai para a caixa cando ninguen daba nada polo noso Tio.
Con un pouco de sorte cecais sexa capaz de poñer o video que anda polo yutub, e senon tampouco pasa nada, ben de seguro moitos de vós seredes capaces de facelo si vos apetece escoitalo.
Noraboa para o noso Tio.

lunes, 7 de febrero de 2011
CABALGARON COMO TOLOS
Valdoviño, 5 de febreiro do 2011. Son as 11,20 da noite en O Garaxe. Os Crazy Ponys salen a escena despois de dar os ultimos retoques no Back Stage: as toallas no seu sitio, unha mesa de billar para pasar o tempo, moito xeo e bebidas para o grupo...non houbo queixa. Edu comportouse como era de esperar (jejeje). Bueno, menos leria a imos o asunto: Os Crazy reaparecian despois de un longo tempo sen actuar en directo e con moitos problemas entre os seus membros. Non problemas persoais, senon sobre todo fisicos, pero agora volven a estar en ruta. On the Road Again.
Como Edu tiña que atender o ateigado Garaxe, foi Xaco quen se fixo cargo do baixo, despois de dous meses de ensaios cos demais Ponys. Nervios pola sua parte pero tamén enormemente orgulloso de pertenecer ó grupo, e desexando ampezar canto antes.
Arrancan con "Farmer John" entre os berros e animos do publico; cecais este tema e o seguinte, "Hey hey, My My" foron os que pagaron o pato de abrir o concerto; ainda estaban frios, con moitas miradas entre eles, tentando coller o ritmo según pasaban os minutos...O sonido por veces fuxia en altibaixos onde os instrumentos se misturaban como podian. Carlos na bateria tardou en entrar un par de veces e Xaco empuñaba o baixo con seguridade, pero non acabou de entrar en calor ata o terceiro tema. "Ohio", este é o tema; coido que deberian de plantexarse de abrir as actuacións con este tema. Xa é a segunda vez que ocurre: en Compostela, ata que non sonou "Ohio" non se puxeron as pilas; é un tema que coñecen a perfección, que soa casi casi Crazy Horse, onde se manexan con seguridade e onde todo fluie como un rio desbocado pero sabendo cal é o seu fin. "Ohio" abriu as portas do viaxe que os Ponys nos regalaron no Garaxe, para despois estralar con "Powderfinger" e continuar con "Harvest Moon" e "Old Man". Xa se producira a incursión de Edu no baixo nos dous temas e deu a alternativa a Xaco para toda a noite.
Cando soaron as primeiras notas de "Cortez" decatamonos de que esta vez os Crazy non se ian desbocar no tema; acadaron unha sensación de longo viaxe o longo de dez minutos deixando que as notas fluisen de cada quen no seu punto; os coros de Vicky e Luis acompañaban a voz de Ricardo que tomou as rendas vocais en varios temas para darlle unha nova sensación; foi un acerto que Antonio se adicara ó piano e armonica en estes temas mentres Ricardo mantiña un pulso intenso soa sua guitarra ata sacarlle o mellor que hai en el; "Cortez" puxo o primeiro punto alxido na noite; despois cecais chegou demasiado rapido o outro extremo: "Are you ready for the country" e sobretodo "Over and Over"; este tema, non sei moi ben porque,os Crazy se empeñan en cambialo a nivel tonal e dan unha sensación que no estribiño se perden e tardan en recuperar; unha xoia de canción que para min foi a mais debil de todas.
Pero cecais foi asi para a partir de ese momento deixarnos apabullados co que se lles ocurriu. Non nos deron nin tempo a sair fora a fumar un pito dende que soaron as primeiras notas de "Cowgirl in the sand" para continuar todo seguido con "Down by the river", "Love and only Love" (tremendoooo, con "terremoto" Arancha levando o publico detras dela)); pero despois ainda nos fixeron outro regalo: Vicky Ulloa deixa de ser Ulloa para dende xa ser Vicky Holliday; con que forza e poderio se achegou ó micro e desencadenou unha treboada en "Motorcycle Mama", si o mismisimo Neil a chega ver i escoitar seguro que non dubida en pillala para a sua banda; Vicky deixounos apampanados coa sua soltura como voz principal en este tema e co derroche de seguridade en ela mesma que transmitiu ó publico. Ovacións e hurras para ela para encarrilar despois co "Rocking in the free World" que os nosos amigos desenrolan con soltura e confianza poñendo a sala patas arriba; e tentan rematar a cousa co "Like a Hurricane" solvente e apoteosico. Din que é o final...jejeje. Solo ia hora e media, asi que sabiamos que ainda nos quedaban cousas no tinteiro.
Antonio sae a escena coa sua guitarra para encaixar unha preciosa "One of these days", e agradecer a todos os que se interesaron polos malos momentos que pasou fai mes e medio; pero xa está recuperado como ben se viu en toda a noite; segurisimo no piano electrico e na armonica poderoso;"Cinnamon Girl" colle forza a cada segundo para recoller un "Fuckin' Up" participativo por todo o publico, xa rendido os pés dos Ponys; Alberto de "Zuma" tamén entrou a cantar e apoiar coa casta que todos coñecemos e a xente facia os coros para deixar unhos minutos de desconcerto en canto remata o tema; a xente quere mais, ainda que exahustos e sudorosos, tanto os Ponys como os presentes queren mais; "que lle damos?" escoitase entre eles; Luis (un xigante agazapado toda a noite), fai sonar as primeiras notas ....de "Roadhouse Blues". (Coño, onde está este tema de Neil?); o que empeza de carallada sigue debuxandose coas entradas de Carlos a bateria e Xaco no baixo; Antonio non un dubida e ponse a cantar o mitico tema que tanto os Doors como Status Quo deron a coñecer; Ricardo miraba a Xaco como preguntando que carallo é esto; pero o publico empezou a acompañar o grupo, e asi resultou que todo o mundo estaba de acordo...o resultado: temazo, sen entrar en cuestions tecnicas, pero con forza, e sobretodo pola reacción de a xente, que xa daquela estaba entolecida e levou ó grupo en andas. De novo sonou , xa para rematar, o "Rocking in the free World" e aquelo foi a toleria.....duas horas de toleria.
Joder, mira que paga a pena volver a Valdoviño para noites como estas.
PD: non levei nin camara de fotos nin de video para recoller a actuación; tiña pensado adicarme solo a escoitar e difrutar polo que non tiven oportunidade de sacar material grafico;tentei roubar as fotos que Suso colgou no feisbú, pero xa sabedes que ese cabron de feisbú e mais eu non nos levamos nada ben; asi que podedes achegarvos a ese invento do demo e teredes polo menos duas fotos da actuacion dos nosos amigos en esa noite.

lunes, 31 de enero de 2011
ON THE ROAD AGAIN.....
O comenzo do ano promete. Cousas que se moven, que bruxulean, que se escoitan...son tantas!!!.
Do noso Tio Neil ainda non se sabe nada. O Boss Antonio anda o loro de todo o que se publica sobor dos grandes festivais do verán e ainda non aparece por ningures o nome de Neil Young. Boa ou mala cousa? Como bon galego, depende de como o collas.Por unha parte que non este nos grandes festivais pode indicar que prefire unha xira mais calma, con menos barullo e mais achegada a xente; por outra pode indicar que non tén moitas ganas de leria e que se quedara na casa...; pero esto é caseque seguro que non acontecerá: na sua paxina de Internet, esta aberta a xira de marzo a decembro, pero ainda sen ningun concerto previsto; Boa ou mala cousa? depende...pero coido que este verán imos ter sorte; penso que polo menos Europa vai ser de obligado cumplimento na xira do noso canadiano favorito, e esperamos que se achegue perto de nós de algún xeito, por exemplo a Tarifa ( pode escoller día, o 8 ou 9 de xullo), ali estaremos na segunda edición da Rust Fest que os nosos amigos do Sur andan a argalla; non hai novas pero sabemos que ali estaremos, como moitos dos que vos achegades a http://www.enlaplayadeneil.blogspot.com/ .
Pero o mais inmediato está a suceder o vindeiro sabado 5 de febreiro; e vai acontecer como non, en Valdoviño, no noso Garaxe preferido tamén, ali pola noite terá lugar a reaparición dos Crazy Ponys despois de unha chea de tempo sen tocar en directo, coido que este ano os bolos do grupo van a ser moitos mais que os do ano pasado, os Crazy pasaron unha mala racha a finais do ano pasado, pero agora volven con forza; por mor das obligas garaxeiras de Edu, o seu posto estase cubrindo con outro grande amigo: Xaco, guitarra dos Faneca's Band esta a suplir a Edu no baixo, ainda que a noite do sabado ben seguro que este sube o escenario para deleitarnos coa sua maestria en varios temas. Os Crazy prometen algunha que outra sorpresa, os ensaios seica estan saindo a pedir de boca; e coma sempre eles estan pola labor de tirar para diante como sexa, cousa da que non dubidamos en ningún intre....asi que xa o sabedes: cita obrigada o sabado 5 de febreiro no Garaxe...OS CRAZY PONYS ON THE ROAD AGAIN

jueves, 30 de diciembre de 2010
LUCES E SOMBRAS DE UN ANO QUE SE VAI
Pois hai que publicalo antes de que remate o 2010, non? Xa sei que estes dous ultimos meses non estiven moi aplicado no blog...que culpa tén el...pero agora hai que botar a vista atras e coido que o 2010 estará marcado para moitos de nós como a culminación de un vello soño que algúns iluminados tiveran ala polo 2008-2009 e que se podo concretar en este que remata.
Refirome evidentemente o gran evento celebrado os días 17 e 18 de xullo, ala polas terras de Valdoviño, concello xa marcado na historia do Rock por acoller a 1ª Rust Fest Waiting for Neil.
Que fermosos dias...que fermosa xente...que fermoso tempo aquel que se pasou en boa compaña.
E o momento de lembrar a Xabre e a toda a peña de Valdo polo traballo que levaron en que todo fora a bo ramo; os Crazys Ponys, Zuma, Graham Summer e por suposto os Fanecas Band que puxeron a musica para que os outros poideramos disfrutar con eles...a Hector, Arancha, Edu, Luis, Antonio, Vicky, Carlos, Begoña, George, Xaco, Ramón, Pedro....joder son tantos e tantos que non hai tempo para lembralos a todos, pero sabedes que vos levo a todos no corazón.
E por outra banda, por suposto, a todos os da paxina mater de Neil no Estado: www.enlaplayadeneil.net , que despois de un par de anos de darlle voltas o meollo por fin acadaron que o soño se realizase; Antonio, ManoloGranpa, Dani, Jose, Pepe, Angeles, Julia, Isa...bufff que placer coñecelos a todos e cada un deles; bo rollo e boas caras para unhas xornadas que esperamos que teñan continuación no 2011 en Tarifa (non é asi Antonio?) e que tan so con que sexan a metade de boas que as de este ano seguro que pagan a pena. pero tamén sabemos que a xente do Sur se vai implicar para que nos sintamos como na propia casa e ben de seguro que o conquiren.
E como non, lembrar a boa acollida que tivo o disco do Tio "Le Noise" a todos os niveis; o noso Tio preferido non nos podia defraudar despois do algo frouxo "Fork the Road", e agora si, sorprendeunos con algo novidoso e o mesmo tempo espectacular, crepuscular e todos os ar que lle queirades poñer; pagou a pena esperar para escoitar este "Le Noise".
E entre as sombras de este ano, pois esta claro cal foi: o noso Tio preferido non se dignou a recalar entre nós. Acostumbraranos mal os anos 2008 e 2009, e claro deixounos sen visita o 2010...algúns din que asi prepara unha xira con !!!Crazy Horse¡¡¡¡....non o creo nin de coña, pero como esperanza non está mal; tan solo quedanos esperar por unha xira de primavera para primeiros de ano por Europa, ou outra no veran por varias capitales e que teñamos a sorte de que nos toque algunha delas...pero diso xa falaremos mais adiante.
Nada mais, meus amigos; antes que nada darvos as grazas a todos os que me apoiastes en este proxecto, os que me deron forzas para seguir en el, que non é outro mais que o Rock&Roll...E BON ANO 2011 PARA TODOS VOS
martes, 7 de diciembre de 2010
MANDA CARALLO¡¡¡¡¡¡¡¡¡
A vella tropa ataca de novo.E de cando en vez levas mais de unha sorpresa. É o que me pasou o outro día cando me enterei por "La Coz de Galicia" dos candidatos ós premios Grammy de este ano.
Aparte de moitas trapalladas que entran en todos os estilos de estes premios, a miña sorpresa foi cando lein os candidatos a O Mellor Album de Rock", son estos:
"The Resistance" de Muse ( si leedes ben...).
"Emotion and Commotion" de Jeff Beck ( tamén leedes ben, porque este discazo do vello Jeff paga a pena)
"Mojo" de Tom Petty & The Heartbreathers (outra muesca para o gran Petty).
"Backspacer" de Pearl Jam (ufff..a alguns seguro que se lle poñen os dentes largos).
"LE NOISE" de Neil Young...oinggggggg?, pois si leedes ben. O vello Tio Neil montouse este ano unha xira en solitario (que non acustico como ben dixo), xuntouse con Lanois e pariu este "Le Noise" que pon a guinda a este ano, no que non parou de traerlle desgrazas unha tras outra o noso canadiano favorito.
A cita será o vindeiro 11 de Febreiro, pero xa vexo o Tio Neil facendo a V de Victory enriba do estrado ese día....E pensar que moitos xa o daban por morto¡¡¡¡

sábado, 20 de noviembre de 2010
ON THE BEACH,MELLOR QUE O HIPERICO
En Galicia xa estamos afeitos; pero eso non siñifica que nos resignemos a sufrilo. No blog dos nosos amigos Ponys http://www.crazyponys.blogspot.com/ xa fan referencia a esto que todos os anos recibimos na nosa terra.
O Outono, o cambio brusco de tempo, sobretodo de este maravilloso veran que nos fixo revivir a todos; o Outono marcanos nas nosas vidas e na nosa forma de ver a vida para os vindeiros meses. A choiva, o vento, a friaxe,as grises nubes que ameazan un dia si e outro tamén con descargar sobre nós toda a furia da natureza...cambianos o caracter e o xeito de ver a vida; agachamonos con cobiza a espera de que escampe o temporal; ollamos cara o ceo en espera de unha sinal que non acaba de chegar...e choiva e mais choiva...a mesma que esperamos despois de mais de quince días sen sufrila...ou disfrutala...
O Outono...ca sua caida da folla... e tamén os primeiros caidos do ano; a todos nos toca: algun familiar, algun achegado, un veciño...tememos que coa primeira caida da folla os nosos seres queridos sufran algunha doenza que poda co tempo acabar con eles; estamos alerta o mais minimo cambio de aqueles que nos rodean;chamamos, preguntamos...queremos novas,e queremos que sexan boas, sempre coa esperanza de que non lles pase nada; a gadaña chama as nosas portas; reclama a sua presa; choramos e berramos; as nosas bagoas asoman nos nosos ollos e tentamos recluilas para darnos forzas, pero Ela é incansable,túzara coma rocha doente, coma bicha rosmante...e sempre se leva a alguen, sempre.
O Outono...e o meu tempo de "On The Beach"; sempre por estas datas recurro á xenial obra do Tio Neil. E a miña defensa contra Ela; magoa que non a uso como preventivo;sempre me esquenzo de escoitala antes de que pase algo; cecais sexa que as preocupacións de este tempo poñen a un fora de onda..cecais...son tantos cecais xuntos que nunca me da tempo de escoitalo a tempo...pero unha vez que o escoito,e volvo escoitalo, unha e outra vez, unha e outra vez...disfruto con "On the Beach", co arranque metalico de "Walk On", coa perfecta agonia lastimeira de "See the Sky About To Rain", do querer e non poder de "Revolution Blues", de esa guitarra laindose en ""For The Turntiles"...son tantas e tantas as sensacións presentes en "On the Beach" que unha vez que o escoitas esquences que estas en esta vida de paso;esquences de que os de arriba queren que penses como eles queren que penses,e como si lles deras un corte de mangas e lles dixeras: "fodete, de esta ainda librei"...
O hiperico, esa maravillosa flor de folliñas amarelas é un magnifico remedio para combater a depresión,a ansiedade...pero si escoitas o "On the Beach" non necesitas o hiperico, e moito menos o Prozac; esa musica é o mellor antidepresivo que se tén inventado, polo menos no meu caso.
Por eso, é tempo de "On The Beach".

domingo, 24 de octubre de 2010
ROCK OF AGES (THE BAND)
Ben, temonos que poñer en onda. Asi cando falamos de Neil Young ou Bob Dylan, polo menos para min, hai que atinar para empregar as verbas axeitadas, con The Band, ven a ocurrir caseque o mesmo. Hai que poñerse serios porque é moito o que estes catro canadianos e un estadounidense teñen aportado ó Rock.
Cando fai unhos anos se volveu a falar da "american music", da "roots music" en busca das raigames do mais profundo dos USA no que a musica popular se trataba, puxose de moda rastrexar no fondo de armario desta musica, sen decatarse de que o traballo xa estaba feito facia moitos anos.
Robbie Robertson, Rick Danko, Richard Manuel, Levon Helm e Garth Hudson; velaiqui ós vellos The Hawks que acompañaron a Ronnie Hawkins durante anos polas suas xiras na sua Canada natal; ata que sonou a flauta, claro; ata que toparon con un poeta metido a musico que proviña de Duluth e que andaba a percura de unha banda de rock, electrica, dura e pesada para acompañalo por unha xira que ia a trocar o futuro do Rock.
Dylan necesitaba a esta Banda, queria poñer en practica aqueles sons que rebulian na sua testa tola; non o tiña nada doado xa que o experimento que probara fixo que os seus seguidores ( ou polo menos moitos deles) lle deran a espalda; pero teimudo como éra Dylan, non dubidou en poñerse en marcha por todo USA e Inglaterra durante o ano 1966 para presentar en sociedade a sua Revisitada Autopista 61. E ali estaban os The Band (ainda sen ese nome) para acompañalo. Dias tras día aturando os pitos e marmullos de unha parte do publico; eles estaban en Manchester, naquel 1966, cando alguén dende o publico lle chamou "Xudas" a Dylan, ao que este solo respondeu. "Non te creo", para despois pedirlle á banda que "tocade o mais forte que podades" e puxeronse co "Like a Rolling Stone".
Daquela xira tan dura da fé o feito de que o bateria Levon Helm abandonou un día, canso de escoitar as queixas noite si e noite tamén. Pero a "unión" da banda e o poeta xa éra un feito.
Tivo que caerse da famosa moto, para que Dylan abandoara os cenarios durante unhos anos e asi poder adicarse e coller folgos para unha nova etapa. Cousa que tamen fixeron os membros da Banda. Perto de onde Dylan vivia, alugaron unha casa (a famosa Big Pink, en Woodstock) e ali pasaron unha boa tempada en compaña dos seus instrumentos...e de Dylan, que de vez en cando tamén se deixaba caer por ali.
E de ahi, de esa casa, sairon duas obras de arte."Music from Big Pink" (The Band 1968) e "Basement Tapes" (Bob Dylan &The Band 1976).
Co seu primeiro disco, The Band indicaban o camiño escollido. Mistura de rok&roll primitivo, country root, moitas melodias vocais, blues a pingas contadas...unha deliciosa melodia no que os instrumentos non son a veces os que estamos acostumados a escoitar en unha banda de rock: violins, acordeions, timbales, tuba, trompetas...éra como unha inmersión no mais profundo do mundo rural americano.
Un ano despois volveron a carga co seu segundo disco. Impecable dende a famosa portada onde se ve o grupo como cinco vellos paisanos desarraigados cos suas vellas roupas de faena. "The Band", sinxelamente ese nome xa indicaba todo. Xiras e xiras por todo o mundo i exitos de singles e albums caian un detras doutro.
Despois foi o "Medo escenico" ("Stage fright") para redondear unha triloxia impecable no seu conxunto.
Triloxia que se pode fornecer en este "Rock of Ages" do que estamos a falar.En directo, no ano 74, 18 temas que percorren a sua esplendorosa carreira dos cinco primeiros anos; aparte de , "The nigth they drove old Dixie Down", "Across the great divide", "This wheel's on fire", "Rag mama rag", "The weight", e moitos mais, ainda incluian outros temas como o magnifico "King Harvest" ou "Caledonian Mission"; na edición en CD do ano 2001 incluironse 10 temas mais ,como "I shall be released" "Up on Cripple Creek", e catro deles en compaña de Dylan: "Down in the Flood", "When i paint my masterpiece", "Don't ya tell Henry" e rematan con "Like a Rolling Stone"...indescriptible porque non se coñece outra verba que mellor represente o son e a forza de esta Banda.
The Band reeditaron moito material posterior ao seu "Last Waltz" famoso; a sua despedida en cine é un dos documentos que mellor gardan o paso dos anos; todos os convidados a esa reunión expresan admiración e respecto polos cinco membros da banda como mestres de unha musica enraizada no mais fondo deles; pero este "Rock of Ages" cecais recolle o seu espiritu mais primixenio; a forza expresiva a traveso de musicos profesionais que tiñan unha carga historica e que debian de expresala como mellor debian.
The Band foron un dos grupos con mais presencia mediatica nos medios especializados durante a sua existencia.Os seus temas son inmediatamnte recoñecidos; teñen un "aquel" que soan a The Band. As diferentes personalidades da banda confluien en un armonioso final que os confire un son propio. A pesar de que non habia unha voz en exclusiva; Levon Helm canta en moitos temas; pero en outros será Richar Manuel ou Rick Danko os encargados de poñerlle voz, dependendo do tipo de tema, da melodia, da sinerxia propia de cada un; ainda que sexa Richard Manuel o que mais veces puxo a sua voz a servizo do grupo.
No ano 1986 faleceria Richard Manuel, despois de longo tempo pelexando por a sua adiccion ó alcohol; moitos grupos de rock teñen a Manuel como unha das suas referencias; Eric Clapton, The Call, Counting Crows ou Drive by Truckers nun intre ou outro deixaron a sua homenaxe a este home de sinxela apariencia, de predicador evanxelico que chamaba as portas do ceo cando tocaba o piano, as congas, o clarinete ou calquera cousa que selle puxera por diante.
Anos despois,a morte chamou as portas de Rick Danko, baixo, guitarra e multiinstrumentista da banda que recompuxera a sua carreira formando parte de varias bandas e volvendo taména tocar con The Band no seu retorno en 1993.
Levon Helm sigue ó pé do cañon producindo e traballando en solitario sobre a base do country e o rock&roll; recoñecido pola sua influencia por todos os entendidos e lembrado sempre pola sua particular voz en aqueles temas country tan axeitados os tempos da banda.
Garth Hudson segue a tocar o organo en multiples traballos; cecais sexa o que tiña unha educación musical mais completa do grupo. Dice a lenda que para que The Band se tomaran as cousas en serio, ó principio de todo, cobraballe os demais membros do combo 10 dolares por cada clase musical que lles daba. A sua influencia pola musica clasica non foi obice para que pasara a ser un dos maiores virtuosos nos teclados e que a base jazzistica influira no grupo definitivamente.
Por fin Robbie Robertson, o guitarra, é recoñecido polos multiples traballos desenrolados despois da sua marcha do grupo. Foi o unico que non volveu no ano 1993 como The Band; a sua particular forma de tocar a guitarra, e a sua excelsa calidade compositiva fixo que asinara mais do 90 % da produccion do grupo como autor dos temas; tén escrito musica para bandas sonoras e tamén se adentrou en proxectos mais complexos con musica mais experimental, deixando de lado a musica popular pero mantendo unha calidade envidiable.
Podiase falar longo e tendidode The Band, pero seguro que o faremos mais adiante cando toquemos mais temas xa que a influencia de este grupo no Rock marcou toda unha época.
Como homenaxe a eles podedes escoitar o seu "King Harvest", un tema que para Greil Marcus, é o mais representativo de este grupo que se chamou The Band.

miércoles, 13 de octubre de 2010
PAXARO BRANCO
Temos que retroceder no tempo para atoparnos con un grupo que na sua inxenuidade puxose por nome "It's a Beautiful Day".E atopar tamén unha portada tan inxenua como a representada en esta entrada.
Como non, éran os finais dos 60. Un grupo da Costa Oeste (San Francisco off couse),seis membros, entre eles duas mulleres; unha Linda LaFlamme a cargo dos teclados en todas as suas vertientes; outra Patti Santos,voz (esta vez si que se pode decir que anxelical), tambor, campás...; por outra banda, o fundador David LaFlamme, voz e violin; con este bagaxe, acompañaban o grupo Hal Wagenet na guitarra, Mitchel Hollman o baixo e Val Fuentes na bateria.
O tema que podedes escoitar o final de este artigo é "White Bird", que abria o album homonimo do grupo, e tamén a sua presentación en sociedade. Si o soño hippie estivo algunha vez o alcance das mans, seguro que este tema é o mais representativo do perto que estivo. Entre as voces de Patti e David, o violin de este ultima, e a atmosfera creada polo resto do grupo podemonos sumerxir nun soño que ben seguro non quixeramos espertar.Como si o tempo se detivera para poder gozar coa musica; como si non existira algo mais alá das melodias e os ritmos creados polo grupo.
O disco contén solo sete temas no que percorre a psicodelia e o folk da Costa Oeste de aqueles anos. Temas tan atraintes como "Bulgaria" "Time", ou "Hot Summer Day" deixannos coa impresión de que si que podia ser "Un Dia Maravilloso" cada vez que os escoitamos.
Como anecdota,contar que o tema que abria a cara B do disco, ""Bombay Calling" foi "fusilado" no seu escomenzo polos Deep Purple no seu tema "Child", algo que o propio Ian Gillam recoñeceu no seu momento. Podedes escoitar os dous temas e vos mesmos decidir; pero mentres deixovos con este "Paxaro Branco" que nos fai soñar.
sábado, 2 de octubre de 2010
TODOS QUEREN A UN BORRACHO
Si os nenos e os borrachos son os unicos que din a verdade, que menos que adicarlle un tema a eles,nonsi? En este caso adicallemosllo os "drink man" con este tema de principios dos 70, ; e como ademais concorda moito con unha recente entrada no blog dos Crazy Pony's,onde fixen unha promesa, pois o prometido e deuda.(Para mais pistas ir o comentario meu da ultima entrada en www.crazyponys.blogspot.com)
Aquel que primeiro acerte que grupo é o que toca este tema, levará unha botella de licor café , made in "a miña terra", que é a terra onde se fai o mellor licor café do mundo mundial.
Asi que xa sabedes...a probar sorte, porque por outra parte o tema está moi recomendabel.

viernes, 1 de octubre de 2010
ME CAJOOOOO NO LANOIS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Que non vos asuste o titulo de esta entrada. Vai solo por mister Lanois e a sua paranoia polos efectos de sonido.
"Le Noise", do meu queridisimo Neil Young é un gran disco.Non hai ningunha dubida o escoitalo por primeira vez; grandes temas, excelentes cancións, sobria presentación....pero o sonido????????. Non sei, non me acaban de cuadrar esos efectos finais de algun dos temas, nos electricos sobretodo nos que se alonga o tempo como en unha agonia, estás a desexar que remate de unha vez; sobranlle evidentemente, cecais os que sonan durante os temas poidan ser aceptables...pero esos finais¡¡¡¡¡¡¡¡¡.
Como decia, deixando aparte esto que comentei arriba, "Le Noise" gustame, apabulla dende o principio; as partes electricas son coma zorreagazos secos nunha noite de lua; asperas letanias brincando aqui e acolá ata chegarche ó corazón; melodias electricas misturadas coa voz de Neil (ainda non se lle foi; ainda aguanta o tipo perfectamente) nunha soedade que apabulla dende o primeiro tema.
Grande "Walk whit me" abrindo a partitura que se desparrama ó longo dos oito temas; memorable "Hitchkicker" rememorando vellos tempos en novos espazos sonoros; brilante como plata refulxente "Angry world";"Peaceful Valley Boulevard" perfora as entrañas en carne viva, ...e Love and War", para este tema non hai verbas que expliquen ese sete minutos hinopticos de catarse individual, mellor escoitala, meterse dentro dela e poder decir: "!!joder co Neil Young¡¡".
Un disco que seguramente co tempo, convertirase en un clasico para todos os seguidores do canadiano; cecais no futuro xurdan musicos influenciados por este traballo que o tomen como referencia...o tempo poñerao no seu sitio, pero teño moi claro que o meu xa tén espazo de privilexio na miña colección.
Decepcionoume, eso si, a pobreza de datos, o exiguo "pack" que acompaña a obra; non se explica que tipo de guitarra toca en cada tema (supoñemos que a "Old Black" anda por medio de algún);... as letras presentanse sen ningún dato no camiño da sua creación, cando Neil é bastante amigo de todo elo; é decir: sobria posta en escena, que me cheira a min que vai a ter a sua prolongación (cecais para Nadal) coa posta no mercado dun "Set Box" con DVD incluido e algún que outro "Bonus Track" de "Le Noise". Supoño que o marketing impera en estas cousas, pero de todos formas non implica que estemos de ningun xeito diante de unha obra coxa...para nada, si obviamos eses "efectos" de algúns temas, atopamos un novo camiño que Young nos está a sinalar; é solo cuestión de collelo e disfrutalo.
Benvido "Le Noise"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)